Visitantes

O Museo Casa da Troia abre varios meses ao ano, en particular en Semana Santa e durante a época estival. O período de maior afluencia de público é o verán, cunha media de 30 visitas diarias e ao redor de 800 visitantes durante o mes de agosto. O número de turistas estranxeiros medra cada ano e representa o 20% do total. O museo resulta atractivo para todos os que chegan a Santiago, con independencia da nacionalidade e tamén para os propios composteláns. As visitas guiadas poden ser en galego, castelán, francés ou inglés.